viernes, 12 de diciembre de 2014

Trabajo de informática

POLAS  VÍTIMAS DO QUECEMENTO GLOBAL



Ana Ramírez Iglesias

IES POLITÉCNICO (Vigo)

Vigo, 23 de setembro de 2015

Parece mentira que xa pasaran dous anos. Dous longos anos dende
que recibimos a chamada do patrón do «Ría de Vigo» que nos dicía que
o meu pai non ía volver. Recordo perfectamente como a miña nai colgou
o teléfono cos ollos cheos de bágoas e tremendo, sen dicir nada, se achegou
a min para darme unha longa aperta chea de tristura. Aquela tarde
con só 10 anos, vinme obrigada a madurar de golpe porque o meu mundo
mudara para sempre e eu sabía que nada volvería ser igual.
Moitas veces lle preguntei á miña nai por que. Por que a el e non a
outro? Quen era o responsable de que o meu pai non volvese entrar pola
porta cun sorriso na face recendendo a auga salgada? Pero a única resposta
que me deu deixoume desconcertada:
—A culpa é do mundo, desta sociedade consumista á que non lle importa
o máis mínimo a quen leve por diante para conseguir os seus obxectivos.
O teu pai morreu porque os homes fan o que queren sen preocuparse
polas consecuencias dos seus actos ata que é demasiado tarde.
Naquel momento non o entendín, non comprendía como o mundo
podía ser o responsable da morte do meu pai, pero agora si. Agora
sei que o culpable é algo que causamos os seres humanos, algo chamado
quecemento global.
O meu pai foi mariñeiro toda a súa vida. Dende ben pequeno traballou
no porto co avó e, cando fixo os 16, embarcou por primeira vez. Estivo
en moitos lugares diferentes pero finalmente volveu a Vigo. Aquí coñeceu
a miña nai e aquí nacín eu. O meu pai pasaba moito tempo no mar,
pero sempre que volvía traía unha manchea de aventuras que contarme.
Traballaba nun pesqueiro de bacallau no Atlántico Norte, preto das costas
da illa de Terranova. Sempre dicía que alí ía un frío deses que corta a
pel e que polas mañás a cuberta do barco aparecía chea de grosas placas
de xeo que tiñan que romper cos picos para poder limpala. Pero nos últimos
tempos algo non ía ben. A temperatura da auga mudara, os peixes
emigraban e cada vez tiñan que ir máis ao norte para poder pescar. Unha
noite sorprendeunos unha tormenta moi forte, os aparellos do barco deixaron
de funcionar e sen o sonar non puideron ver o iceberg ao que se
achegaban. Chocaron con el e abriuse unha brecha no casco do barco
que comezou a escorar ata que finalmente afundiu no escuro océano.
Alguén podería pensar que ten isto que ver co quecemento global?
Pois moito, agora seino ben e oxalá non o tivese aprendido deste xeito.
O quecemento global é un fenómeno provocado polos gases procedentes
da queima de combustibles fósiles como o carbón e o petróleo, Secundaria 29
das industrias, da produción de electricidade, dos residuos almacenados
en vertedoiros, da actividade agrícola, do uso de fertilizantes.
Estes concéntranse na atmosfera e crean unha especie de cúpula que
atrapa tanto a calor irradiada pola Terra en forma de raios infravermellos
de volta ao espazo como parte dos raios ultravioletas emitidos polo
Sol, ao que se une o vapor de auga derivado do quecemento da superficie
dos océanos. Todo isto orixina unha gran trampa de calor que pouco
a pouco aumenta a temperatura globalmente e altera gravemente os ecosistemas
do planeta. As consecuencias máis recentes que puidemos comprobar
por nós mesmos son as alteracións no clima, a fusión do xeo dos
polos e o cambio de conduta dos animais adaptados a determinadas condicións
que se ven forzados a emigrar para vivir; animais como os peixes
que antes pescaba o meu pai preto de Terranova.
Ás veces pregúntome se de verdade os seres humanos somos tan intelixentes
como nós cremos. Fabricamos máquinas asombrosas, curamos enfermidades
terribles e viaxamos polo espazo máis aló do que nunca ninguén
imaxinou. Pero estamos destruíndo o noso planeta, o noso futuro
e o de todos os seres vivos que hai nel. E o que de verdade me mata é que
temos a capacidade e a tecnoloxía para intentar arranxalo, pero catro paí-
ses adiñeirados que controlan os mercados globais e os recursos máis empregados
e mellor pagados na actualidade impiden que as desenvolvamos
e nós non facemos nada por arranxar esta situación. Eu sempre ouvín a
expresión «cada un ten que poñer o seu gran de area, porque moitos pequenos
xestos poden mudar o mundo». É verdade. Se cada persoa puxese
un gran de arroz teriamos oito millóns cento vinte mil quilos de comida
para que ninguén pasase fame; se cada persoa puxese un céntimo teriamos
setenta millóns de euros para que ninguén durmise na rúa; e se cada
persoa deixase de andar cincuenta quilómetros co coche emitiriamos
corenta e nove mil millóns de quilogramos de CO2 menos á atmosfera.
Oxalá todo isto suceda, eu loitarei porque isto suceda. Vou estudar
moito e cando sexa maior serei unha científica famosa, así todos terán
que escoitarme, así conseguirei que a morte do meu pai e dos outros mariñeiros
sirva para algo.

mi go animate

hola a todos este es mi trabajo de informática que hice con go animate. Es una herramienta muy entretenida y divertida. Espero que os gurte mi película y que os animeis a hacer una. Un saludo.



"Eu de maior quero ser..."


"Eu de maior quero ser..." 

 Este é o meu traballo do que quero ser de maior. neste traballo explico como chegara a  ser mecánico, todos os estudos que teño ter e tamén como chegar ao mundo laboral.
Espero que vos animedes e que vos guste.